Lamentable situación na que se atopa a Praza de Abastos de Caldas de Reis

    CALDAS > Os comerciantes da Praza de Abastos de Caldas de Reis reuníronse o 8 de febreiro e acordaron constituírse en Asociación, co obxectivo de solicitar axuda municipal para poñer fin a precariedade das condicións nas que traballan diariamente nos seus postos de traballo.

    Os comerciantes venden os seus productos en condicións insalubres, rodeados de excrementos de pombas, desaugues en mal estado e grandes buratos no teito do edificio. A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos da provincia de Pontevedra convocou a xuntanza celebrada cos comerciantes da Praza de Abastos. Proximamente, se constituirá a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Caldas de Reis, presidida por Ramón Fresco, un dos vendedores con posto no recinto. Segundo UPTA- Pontevedra, o problema é que chove nas bancadas das peixeiras, que as pombas se colan no inmoble e botan sobre os productos os seus excrementos, que o sistema de desaugue é moi deficiente, con malos cheiros, que o sistema de recollida de lixo deixa moito que desexar ou que nas paredes hai regos de auga. Mención aparte, din, merece o segundo piso da praza, totalmente inhabilitado e que serve de almacén de lixo.

    Redacción Salnés