O concello de Rianxo dotará de saneamento ás parroquias de Leiro e Isorna

    saneamentoleiroisorna_100_200808.jpgRIANXO >  Estas actuacións, financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, ascenderán a un orzamento próximo ós cinco millóns de euros.

    A corporación municipal de Rianxo aprobou onte, nun pleno extraordinario, dous proxectos de dotación de saneamento e abastecemento de auga ás parroquias de Leiro e Isorna.

    Estación depuradora

    A obra proxectada en Leiro, cun presuposto de 2’2 millóns de euros, contempla a cinstrución da rede xeral de colectores nos núcleos de Cabanas, A Igrexa, Rial, Palleiro, Or, Meiquiz, Rañó e A Pedreira, así como rede de saneamento e unha estación depuradora.

    De iguais características é o proxecto que se acometerá nas parroquia de Isorna, coa instalación de colectores enos núcleos de Isorna, Quintáns, Sestelo, A Bacariza e O Regueiro.

    {flowplayer}barbanza/saneamentoleiroisorna.flv{/flowplayer}

    Este actuación suporá un investimento de 2.643.000 euros. En conxunto, ambos proxectos ascenden a preto de cinco millósn de euros que serán sunvencionados pola Consellería de Medio Ambiente.

    Finais de ano

    Tras remiti-lo acordo plenario ó departamento autonómico, o executivo agarda que se proceda canto antes a tramita-la licitación das obras para que poidan dar comezo neste mesmo ano.

    Pero esta non foi a única actuación que se abordou en materia de saneamento posto que durante o pleno informouse tamén daun proxecto que o concello acaba de remitir á Xunta de Galicia para dotar de auga e saneamento a outros núcleos das restantes parroquias rianxeiras que suporía unha inversión de dous millóns de euros.

    Saneamento integral

    Estas actuacións, que en total se achegan ós sete millóns de euros de inversións nas parroquias, suporían un paso moi importante cara a consecución do saneamento integral do concello.

     

    Redacción Barbanza