A alta demanda durante o verán eleva a cotización do polbo galego

MUROS> Bo balance do que vai da campaña do polbo tras finalizar a veda a principios de xullo. Dende a Federación provincial da Coruña destacan o positivo das cotizacións, con prezos que oscilan entre os 10 e os 12 euros o quilo.

Aínda que non se trata dun ano no que abunda especialmente o polbo, si destaca o seu valor no mercado con prezos por riba dos dez euros dende que comezou a campaña.

Axuda a elevar a cotización a importante demanda de cefalópodo nas lonxas galegas así como a calidade do polbo das nosas rías.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí