Paz e Echavarri acadan a medalla de OURO

pazoro250_210808.jpgVILAGARCÍA > Fernando Echávarri e Antón Paz consiguen o cuarto ouro da delegación española en Pekín ó proclamarse campións oilímpicos da Clase Tornado.

Antón Paz e o seu compañeiro Fernando Echavarri souberon manter o liderato na última xornada de competición e levarse unha histórica medalla de ouro.

Na Medal Race, última proba que puntuaba dobre, a parella española chegou á meta en cuarta posición, xusto por diante dos seus máis directos rivais, Bundock e Ashby.  Os australianos arriscaron dende o inicio e non lles saíu ben, sempre foron por detrás de Paz e Echavarri. O barco arxentino, que tamén contaba con opcións de victoria, rematou sexto a regata e levouse o bronce.

Paz e Echavarri acadan así un éxito sen precedentes, despedíndose da categoría do mellor xeito posible. Hoxe os campións tamén quixeron amosa-la súa solidaridade cos familiares das víctimas da traxedia aérea de Barajas e por tal motivo luciron un brazalete negro.

Esta é supón a cuarta medalla de ouro da delegación española nos Xogos Olímpicos, a undécima en total.

Redacción Salnés