Rueda pon en valor o traballo da firma Colgalsa

POBRA> Era a súa primeira visita a Congalsa coma presidente da Xunta de Galicia, polo que a dirección da firma convidouno a asinar no libro de honra da empresa.

Posteriormente acompañado doutras autoridades, entre as que se atopaba tamén a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, realizou un percorrido polas instalacións para coñecer o traballo que realiza esta firma, referente nacional na elaboración de produtos precociñados ultraconxelados de peixe e marisco.

Rueda coñeceu tamén os novos proxectos nos que está a traballar a empresa, un deles relativo á posta en valor do peixe local.

Na súa intervención, o titular do Goberno Galego, destacou o traballo que realiza Congalsa, poñéndoa como exemplo do bo facer do sector da pesca conxelada.

Congalsa facturou en 2021, xunto a súa filial portuguesa Sulpsteis, máis de 113 millóns de euros. No grupo traballan unhas 800 persoas, das que o 67% son mulleres, sendo exemplo ademais de boas prácticas tanto a nivel de sostinibilidade coma de igualdade, o que lle valeu no ano 2020 para recibir o premio da Xunta á Responsabilidade Social, na categoría de conciliación, polas súas boas prácticas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí