RIANXO> Como vén sendo habitual, coincidindo co 137 aniversario do seu nacemento, o concello de Rianxo e a Fundación Castelao, celebraban este pasado sábado a tradicional ofrenda floral cunha coroa de loureiro ante o busto de Castelao, no paseo da Ribeira, baixo os acordes do himno do Antigo Reino de Galicia.
Con este acto púñase o punto e final a unha extensa programación cultural deseñada dende a área de Cultura do Concello que se veu desenvolvendo ó longo de todo este mes de xaneiro.
Con anterioridade á ofrenda floral, na rolda de intervencións, o alcalde, Adolfo Muíños, e Miguel Anxo Seixas, en nome da Fundación Castelao, volveron a reivindicar a figura do insigne galeguista, coma un dos grandes referentes do país.