Vilagarcía bótase á rúa para aclamar a Paz e Echávarri

paz_250_260808.jpgVILAGARCÍA > Chegaron á casa os heroes de Pekín e agora tócalles recibir a súa merecida homenaxe. Os primeiros en celebralo foron Antón Paz e Fernando Echávarri que se deron en Vilagarcía un auténtico baño de multitudes.

{flowplayer}images/salnes/festaAnton_260808.flv{/flowplayer} 

Vilagarcía enteira botouse á rúa para recibir ós seus campións Antón Paz e Fernando Echávarri. En Ravella tíñanlle preparada unha auténtica festa que cumpríu de sobra coas expectativas. Antes, no Club de Mar do Liceo Casino preparouse unha merenda á que asistiron compañeiros, familiares e amigos dos regatistas que non deixaron de felicitarlles e aclamarlles. Alí puidéronse ver centos de camisetas que rezaban o lema: “Eu tamén son tripulamnte de ouro da Clase Tornado. Grazas Antón”.

Despois, contra ás dez da noite, apoteosis en Ravella. Case dúas mil persoas agardaban impacientes a súa chegada, moitos rapaces entre eles, que observaron de preto cos olllos iluminados e co sorriso nos beizos a entrada dos seus novos ídolos.

Xa no escenario, Antón víu retratada a súa vida en fotografías, dende o seu nacemento ata o día no que se colgou esa preciosa medalla olímpica.

. Despois recibiron un detalle por parte da alcaldesa Dolores García e da edil de deportes, Victoria Hierro:  a porta da cidade en miniatura.

A partir de ahí foi un non parar de agradecementos: dos políticos ó esforzo realizado polos deportistas; dos deportistas ós seus conveciños polo apoio recibido e dos veciños ós regatistas pola emoción e orgullo que lles fixeron sentir durante a semana de competición.

Unha competición da que Antón Paz non quita a vista, xa que pronto viaxará a Grecia a prepara-lo mundial de Platú25.

Dende aquí non nos queda máis que felicitar e agradecer a Paz e Echávarri o ouro acadado e dárlle-los folgos necesarios e a sorte pertinente para as vindeiras competicións e retos que afrontarán, de seguro, con éxito.

Redacción Salnés