O Cpto. Galego de Scooter e Mini GP desembarca en Sanxenxo

dakart250_220410.jpgSANXENXO> A velocidade volve a Sanxenxo. Os pilotos do Campionato Galego de Scooter e Mini GP danse cita o domingo no circuito París Dakart. Falamos co director da instalación, con José López Rivas, para que nos contase polo miudo como se vai desenvolver este espectáculo.

{flowplayer}images/salnes/parisdakart_220410.flv{/flowplayer} 

A primeira proba puntuable do Campionato Galego de Scooter e Mini GP desembarca en Sanxenxo. Das cinco datas das que consta o Autonómico, a primeira e a última celebraranse no circuito París Dakart. Haberá polo tanto dúas oportunidades para ver este espectáculo: o 19 de setembro, e a primeira este domingo. 

Os primeiros adestramentos libres darán comezo ás 10:00. Os cronometrados iniciaranse ás 11:00 e as tandas puntuables a partires das 12:00 da mañá do domingo. Uns 40 pilotos acudirán á cita, fieis a un circuito París Dakart que é o favorito para a maioría deles.

José López Rivas anima a tódolos afeccionados a que acudan ó circuito. A entrada para ver as carreiras será de3 euros, que dará dereito a descontos posteriores nas diferentes actividades que oferta o París Dakart.

Redacción Salnés