Óscar Vázquez revalida o título de campión de Galicia de Ciclo Cross Elite

RIBADUMIA > Oscar Vázquez do Aquagest levou o título de Campión de Galicia de Ciclo Cross Elite mentres que Pedro Macía do Muebles Compostela logrou a victoria en Cadetes tras un apretado sprint. A proba tivo lugar onte en Ribadumia, nunha xornada fría pero soleada que abriron as categorías cadete e féminas.  
En Féminas Elite, Lucía Vázquez do Aquagest revalidou o título logrado o pasado ano. Completaron o podio María Jesús Barros do Caixanova e Biviana González do SCR. En categoría Junior viviuse un novo recital de Adrián Rodríguez do Agua de Mondariz-Expert, que unha vez máis superou con claridade ó seu principal rival, o ciclista do Frisonoble Carlos Bruquetas. En Master 30, Guillermo Álvarez do Caixanova volveu a demostrar a súa superioridade proclamándose Campeón de Galicia. Roberto Salvado acadou por primeira vez un segundo posto sendo a terceira praza para Francisco Monteagudo. Tamén se cumpriron os pronósticos en Veteranos, onde Manuel Gonzalez Ojea do Caixanova levou o título galego, superando a Antonio González e Carlos Romero. En Ciclodeportistas gañou  Jorge Carrera do Caixanova, logrando a segunda praza o seu compañeiro de equipo Ricardo Maquieira. E finalmente pechaba a xornada a proba raíña, Elite-Sub 23, que gañou Óscar Vázquez do Aquagest, revalidando o título galego. Quedou segundo Narciso Piñeiro do Caixanova e Manuel Armada do TB Transportes terceiro. Ivá Raña finalizou a proba na quinta praza.

Redacción Salnés