BOIRO> Esta fin de semana disputarase a segunda edición da Challenge Barbanza Arousa ‘A Orixe’. A volta ciclista reunirá a máis de 120 corredores que percorrerán os catro concellos en dúas etapas.
Máis dun cento de corredores dos equipos máis importantes do calendario autonómico e nacional daranse cita na segunda edición do Challenge Volta ó Barbanza A Orixe.
A segunda etapa, de 89 quilómetros e medio, partirá ás dez e media da avenida do Malecón de Ribeira en dirección a San Roque pasando posteriormente por Artes, Bretal e Espiñerido en dirección a Xunño. Inclúe a suba a Moldes xusto antes dabaixada ata Pobra percorrendo as zonas de Cabío e do Cabío para retornar a Ribeira.
Ademais do valor deportivo da proba, o presidente da Mancomunidade destacou o seu potencial como escaparate para dar a coñecer os recursos turísticos da comarca.
Tralas probas terá lugar a entrega de premios. Haberá trofeos para o primeiro na clasificación xeral en metas volantes e portos de montaña así como para o primeiro corredor do primeiro ano, primeiro corredor galego e primeiro por equipos.