O museo Valle-Inclán amplía os seus fondos con réplicas das esculturas da Pobra

    ampliacionfondosvalle_100_270808.jpgPOBRA > O museo Valle-Inclán vén de amplia-los seus fondos coas maquetas orixinais das tres esculturas existentes na localidade.

    {flowplayer}barbanza/ampliacionfondosvalle.flv{/flowplayer}

    Trátase da muller mariñeira, Valle-Inclán e o emigrante, que foron realizadas no seu día polo artista Gonzalo Sánchez Mendizábal e que se atopan erixidas en distintos espazos da vila. Con esta doazón vese incrementado o patrimonio artístico e cultural do concello.

    Pezas en escaiola

    Tanto o director do museo Valle-Inclán, Antonio González Millán, como a concelleira de Cultura, Encarnación González, destacaron a importancia desta doazón e o valor que teñen estas pezas orixinais realizadas en escaiola polo propio escultor Gonzalo Sánchez Mendizábal que, a partir de agora, pasarán a engrosa-los fondos do museo pobrés.

    A maqueta da muller mariñeira e a do emigrante presidirán a sala Arousa , pola que se accede ó museo, mentres que a de Valle-Inclán será ubicada na sala Viana do Prior, onde se atopan tamén os fondos do escritor e que foron doados pola propia familia.

    Redacción Barbanza