A Policía Local de Ribeira denuncia a varias persoas que celebraban un cumpreanos

RIBEIRA> Aínda que non é o habitual segue habendo casos de incumprimento das normas de confinamento establecidas. A Policía Local de Ribeira tivo que acudir a unha vivenda nun edificio da zona de Abesadas, en pleno casco urbano, na que, ó parecer, se estaba celebrando unha festa de cumpreanos. Foron os propios veciños da zona, ante o ruído existente, os que alertaron ós axentes, que unha vez alí, puideron comprobar como no piso había varias persoas que non residían nel, saltándose a orde de confinamento, polo que foron denunciadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí