BOIRO > Finalmente, o Ministerio de Xustiza non dotará ó concello de Boiro dun rexistro da propiedade.
{flowplayer}barbanza/rexistroboiro.flv{/flowplayer}
BOIRO > Finalmente, o Ministerio de Xustiza non dotará ó concello de Boiro dun rexistro da propiedade. Hai xa ano e medio, que o Ministerio de Xustiza presentara un informe indicando a necesidade de segregar o rexistro da propiedade existente en Noia dado o elevado movemento que rexistraba esta delegación. Establecía ademais que o concello de Boiro era o lugar máis axeitado para a creación dun novo rexistro.
Sen embargo, o goberno central vén agora contradicir este informe e, en resposta a unha pregunta formulada polo voceiro do BNG no congreso, Francisco Jorquera, confirmou que o rexistro de Noia no se segrerará. Para o goberno municipal, esta decisión amosa unha total irresponsabilidade.
Decisión aprazada
A pesar de que todo apunta a que Boiro non contará a medio prazo cun rexistro da propiedade, a decisión do goberno central non é firme posto que queda aprazada ata que se comprobe se os datos da demarcación de 2007 son os agardadosen canto á satisfacción das expectativas dos usuarios.
Redacción Barbanza