NOIA> Noia pecha hoxe o seu calendario festivo do verán co remate das Festas de San Bartolomeu. A verbena amenizada pola París de Noia porá o mellor broche a catro días de festexos onde houbo tempo para a devoción e a diversión a partes iguais.
Dende o pasado venres, a localidade noiesa viviu catro días de festa na honra de San Bartolomeu. Ademais dos numerosos eventos relixiosos coas misas e procesións como actos centrais, a música e a gastronomía foron as protagonistas das celebracións.
A festa da empanada fixo as delicias dos numerosos veciños e visitantes que se deixaron caer pola festa así como os concertos con Broken Peach, Los Secretos ou Natalia que repetía actuación en Noia unha década despois do seu estrei na vila.
Hoxe os festexos chegaron á súa fin coa París de Noia como broche dunhas das celebracións máis multitudinarias da vila noiesa.











