O Concello multa a 15 terrazas por non ter papeleiras

    alfredo_bea100.jpgO GROVE > A batalla por un Grove limpo do edil Alfredo Bea ten como novo capítulo as terrazas na vía pública dos establecementos hostaleiros do concello.

    {flowplayer}images/salnes/multas_terrazas_grove.flv{/flowplayer}

    O GROVE > A batalla por un Grove limpo do edil Alfredo Bea ten como novo capítulo as terrazas na vía pública dos establecementos hostaleiros do concello. O responsable de Limpeza botou man da ordenanza municipal que obriga a dotar estes espazos de papeleiras e, segundo a Policía Local, constataron que hai unha quincena de empresarios que non cumpren a normativa.

    A ordenanza é do ano 2004 pero non entrou en vigor ata 2007, unha vez que comezou a gobernar o cuatripartito. Desde o ano pasado o Concello deu ata catro avisos a cada un pero ó non arranxaren esta eiva, decidiu multalos. Beiramar, Castelao ou San Vicente son algunhas das zonas onde o Concello di que hai terrazas que non teñen papeleira. Bea insiste en que hai unha lei e que se vai facer cumprir aínda que iso supoña tomar medidas impopulares como impoñer multas. Non entende ademais, como a hostalería e comerciantes reclaman un Grove limpo cando eles mesmos non contribúen. De persistiren nesta actitude, o Concello está disposto a seguir multando. Segundo a normativa, as sancións, que agora son de 100 euros, poden chegar ós 1.500 euros.

    Redacción Salnés