O TSXG anula a sanción de Pesca a Cambados polo vertido do Facho

    vertido_facho100_060309.jpgCAMBADOS> A sala do contencioso administrativo do TSXG anulou a sanción de 60.001 euros, imposta pola Consellería de Pesca ó Concello de Cambados …

    … por un vertido residual na praia do Facho.

    A sentencia dálle a razón ó recurso do Concello cando alega que Pesca carece de competencias para sancionar estas condutas e, polo tanto, a resolución da Xunta é contraria a dereito. A resolución que agora anula o Tribunal Superior foi adoptada por Pesca en xuño de 2006, logo dunha denuncia do BNG de Cambados.

    Fora ademais a primeira sanción deste tipo imposta a un Concello en Galicia. Logo de que Pesca rexeitase o recurso do Concello, os servizos xurídicos municipais recorreron ó contencioso administrativo. O alcalde, José M. Cores Tourís, denunciara naquel momento e ratifica agora que se tratou dunha persecución política.

    Outro cinco contenciosos seguen pendentes no mesmo tribunal, interpostos polo Concello contra Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, por tentar pechar e bloquear as axudas á gardería infantil municipal.

    Redacción Salnés