Moraña e Valga comparten dende hoxe unha nova edición dun obradoiro de emprego para menores de 30

MORAÑA> Moraña e Valga comparten dende hoxe unha nova edición dun obradoiro de emprego. Estará dividido en dúas especialidades, forestal e albanelería. En total, vanse formar 16 alumnos, todos eles menores de 30 anos. O obxectivo, atopar unha saída laboral nun contexto tan complicado como o actual.

16 alumnos menores de 30 anos formaranse na nova edición do obradoiro de emprego promovido de xeito conxunto polos Concellos de Moraña e Valga. O curso está dividido nun módulo de albanelería e noutro de forestal. Porque este obradoiro conta tamén cunha parte práctica, con actuacións concretas nos concellos.

Os alcaldes de Valga e Moraña celebran este tipo de iniciativas, que permiten a oito veciños de cada concello atopar unha saída laboral.

O obradoiro vaise prolongar durante os vindeiros 12 meses.Conta cun investimento por parte da Xunta duns 400.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí