O Extrugasa volve ó traballo o luns con tan só cinco xogadoras

extrugasa250_280808.jpgVILAGARCÍA > Aínda que falta máis dun mes para o inicio da competición os equipos comezan a voltar ó traballo. O Extrugasa vaino facer o luns con tan só cinco xogadoras do primeiro plantel á espera de que cheguen as novas fichaxes.

O E xtrugasa volve ós adestramento a vindeira semana, comezando o mes, o día 1. Pero Isaac Fernández non disporá do seu plantel ó completo polo que poucas cousas vai poder preparar ata ben entrado o mes de setembro.

O luns tan só estarán Arantxa Novo, Sara Gómez, Miriam Herrera, María Asurmendi e Katia Da Silva; varias xogadoras do equipo junior completarán o conxunto para poder levar a cabo un adestramento de maior calidade.

E é que as novas fichaxes tardarán e incorporarse por diferentes motivos. Segundo ten previsto o club, a primeira en chegar será a pivot Meredith Alexis que o fará o 9 ou 10 de setembro. A seguinte será a rusa Victoria Sholokova, o 15 de setembro. Dous días despois o fará a xoven búlgara Jaklin Zlatanova e o 18 ou 19 a derradeira, a aleiro americana Tamera Young. Por iso Isaac Fernández tan só disporá de tódalas súas xogadoras durante quince días para preparar o debut en Liga o día 4, cando visiten a cancha do Gran Canaria.

Antes disputarán varios encontros de preparación. O primeiro deles o 9 de setembro en Pontevedra, ante o Arxil. Despois visitarán ó Pabellón e disputarán un encontro de Copa Galicia. A prresentación oficial do equipo, e tamén dos conxuntos de base, quedará para o día 26 de setembro, data na que se disputará o primeiro encontro do Torneo Extrugasa. Abrirán a competición ese mismo día as vilagarcíáns ante o Celta, ás 21:00 e a pecharán o domingo 28, ás 12:00 ante o Perfumerías Avenida. Entremedias disputarase un encontro entre salmantinas e viguesas, o sábado ás 19:30.

Por outra banda os socios poden dende hoxe achegarse ata os oficinas do club na Rúa Castelao para recoller os abonos para a 2008-2009.

Arranca por tanto outra temporada máis para o Extrugasa, que se presenta incerta e na que o obxectivo será de novo a salvación.

Redacción Salnés