Oitocentos atletas participaron na carreira popular da Pobra

POBRA> A VI carreira popular do concello da Pobra do Caramiñal superou tódalas previsións e participaron finalmente cerca de 800 corredores. As altas temperaturas, rexistradas na xornada do doming,o puxeron a proba a resistencia de tódolos atletas, especialmente dos adultos que tiveron que percorrer 7.800 metros. Os vencedores na categoría absoluta foron Akka Essaadaoui e Raquel Suárez. Na praza Alcalde Segundo Durán tiveron lugar as saídas e as chegadas, rodeando de gran expectación esta festa do atletismo. Os organizadores, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza en colaboración co concello, decidiron homenaxear nesta edición a Xosé Carlos Adán, atleta vigués, especialista en fondo e probas de campo a través.