Máis de seiscentos corredores tomarán parte este domingo na XII Carreira Popular da Pobra

POBRA> Na proba, organizada pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo, en colaboración co propio Concello, competirán as categorías dende sub-8 a másters.

Despois dun paréntese dun ano, debido a irrupción da pandemia, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e o Concello retoan a organización da carreira popular que chega este ano a súa décimo segunda edición. A cita será este domingo a partir das once menos cuarto da mañá, coa participación das categorías dende sub-8 a máster.

A día de hoxe hai xa máis de seiscentos inscritos. As persoas interesadas en anotarse aínda están a tempo de facelo, xa que o prazo rematará mañá xoves ás dúas da tarde. Poderán realizar as inscricións a través da páxina web www.emesports.es.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí