Xornada nefasta para os intereses dos equipos do Salnés

futbol250_151208.jpgSALNÉS > Ningún dos catro equipos foi quen de gañar. Céltiga e Vilalonga perderon unha boa oportunidade para engancharse co grupo de cabeza tras deixar escapar os puntos na casa. O Arousa saíu goleado de Ordes. A única boa nova, o empate do Portonovo na Fontenla.

{flowplayer}images/salnes/futbol_151208.flv{/flowplayer} 

Nin os afeccionados de San Pedro nin os do Salvador Otero puideron ver unha victoria dos seus equipos, en dous partidos que tanto para Céltiga como para Vilalonga presumíanse importantes de cara a reforzar a súa cómoda posición na táboa.

Os da Illa non pasaron de empate ante o pechacancelas, Pontevedra B. O fiflial granate adiantouse ó pouco de comezar o encontro, ós 5′, tras aproveitar Matelo unha indecisión da defensa local.

Non estivo cómodo o Céltiga no campo durante todo o partido, custoulle crear ocasións. Aínda así acadou a igualada por mediación de Kelvin a oito para o descanso. O marcador xa non se movería pese a que os xogadores do Pontevedra B estrelaron tres balóns contra os paus e de que Kelvin errou unha clara ocasión de gol coa portería practicamente baleira.

Reparto de puntos que deixa ós de Josiño Abalde oitavos na táboa 23 puntos.

Catro postos por detrás e con tres puntos menos atópase o Vilalonga. O Negreira levouse a victoria despois dunha boa xogada colectiva entre Adrián, Nacho e Julián, que culminou este último. Era o minuto 21.

Ó conxunto de Gabi Leis complicouselle o partido, e moito máis despois de ver como Luismi se tiña que retirar do terreo de xogo resentido da súa lesión e de quedarse con dez pola expulsión de Iago ó pouco de comezar a segunda metade. P

ese a todo tiveron unha ocasión inmellorable para igualar o choque cun penalti de Raviña sobre Machu que Rubí lanzou alto. Así as cousas o Vilalonga continúa sen facer boas na casa as victorias que acada lonxe de San Pedro.

Por outra banda Arousa e Portonovo xogaron fóra. Os vilagarciáns volveron a evidenciar os seus graves problemas coa defensa. Nesta ocasión caeron co Ordes por 5-0 despois de que Laxes tivera que improvisar unha liña na zaga debido á gran cantidade de baixas coas que acudía a Vista Alegre.

No 3′ o partido quedou desequilibrado cando o xuvenil Roberto cometía un penalti, vía o vermello directo e lle custaba o primeiro gol ó seu equipo. O Ordes foi matando o encontro a base de contras ata completar a goleada.

O Portonovo pola súa parte acadou un valioso punto logo de empatar na Fontenla ante o Santa Comba. Os locais adiantáronse por dúas veces pero Tiania cun golazo dende 40 metros e Pablo,a oito para o remate, restableceron as táboas. Os de Milucho quedan con 17 puntos na xeral, os mesmos que o Arousa, a tres do descenso que agora marca o Somozas.

Redacción Salnés