LOUSAME > O director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, realizou unha visita polas instalacións das minas de San Finx.
{flowplayer}barbanza/minaslousame.flv{/flowplayer}
Dende hai algún tempo o concello de Lousame ten en mente un ambicioso proxecto que pretende poñer en valor ás minas de San Finx, un dos seus elementos patrimoniais máis emblemáticos, converténdoas nun importante reclamo turístico.
Primeira fase
En colaboración coa Consellería de Industria que aportou ó redor duns 300 mil euros, xa levou a cabo a primeira fase da recuperación do xacemento mineiro coa construción dun Centro de Interpretación e o deseño de itinerarios para coñece-lo poboado mineiro.
Pero isto non se queda aquí, xa que é necesario a implicación doutras administracións, dado o elevado coste do proxecto, ó redor dun millón e medio de euros.
A intención do executivo lousamiano é iniciar canto antes outra serie de actuacións encamiñadas a recupera-las vivendas do poboado e a maquinaria conservada, que constitúe un dos maiores patrimonios industriais existentes en toda Galicia.
Explotación da mina
Segundo explicou o propio alcalde, Santiago Freire, a suba importante experimentada polas materias primas nos últimos anos, provocou que unha empresa, Incremento Grupo de Inversores, se interesara en poñer de novo en marcha a explotación da mina.
Redacción Barbanza