Os libros reconquistan as rúas de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Vilagarcía convértese estes días nunha ‘cidade de libro’. A localidade acolle ao longo desta semana multitude de actos centrados entorno ao mundo editorial. Entre as propostas, non pode faltar a tradicional feira na que editoriais e librerías botan á rúa as súas mellores publicacións. Nos postos confían en que o público se anime esta fin de semana, aproveitando que o tempo estará para pasear, pero non tanto para ir á praia.

O bo tempo acompaña nesta cidade de libros de Vilagarcía. O programa de iniciativas que xiran entorno a esta acción cultural continúa. Entre elas, a clásica feira na que editoriais e librerías sacan á rúa o seu produto. As casetas foron instaladas na Praza da Segunda República. Nos postos, celebran a iniciativa logo dun ano moi duro.

Nos postos podemos atopar moitas das últimas novidades do mundo editorial. Tamén os últimos títulos do amplo rosario de autores que ao longo destes días están desfilando por ‘Vilagarcía, cidade de libro’.

Os oito postos que compoñen a feira teñen amplas expectativas para a fin de semana: as previsións falan dun tempo máis que axeitado para achegarse ata aquí.

Máis alá da feira, a ‘Cidade de libro’ continúa con moitas outras propostas. Por exemplo, esta mostra no Auditorio ou este obradoiro que se celebrou esta mañá capitaneado polo ilustrador Kiko da Silva. O debuxante ensinoulles a estes rapaces as claves do seu traballo e segredos para mellora-las súas creacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí