A saraibada provoca danos en Cea por mor das obras da circunvalación

    VILAGARCÍA > Os veciños de Aldea de Arriba na parroquia vilagarciá de Cea están fartos das consecuencias que están a provocar ….

    vecios200_010908.jpga mala execución obras da circunvalación e o abandono o que se ve sometido a fonte e o lavadoiro do lugar que xa sufriu seis inundacións; a última produciuse trala saraibada que asolou a toda a provincia a pasada fin de semana. Segundo os afectados a problemática atópase nas escasas canalización de augas no lugar.

    Os veciños de Aldea de Arriba en Cea dirixíronse a tódalas estancias gobernamentais estatais e locais, remitiron diversas protestas por escrito e despois de ano e medio seguen sen respostas e o máis importante, sen solución. O caso é que os veciños veñen denunciando esta situación dende hai tempo.

    Coa última saraibada , as obras da circunvalación ocasionaron o corremento de terras que sen caudais solventes obstrúen as cunetas e desembocan nas estradas inundando neste caso a fonte e lavadoiro da parroquia Aldea de Arriba en Cea.

     Agora teñen a promesa da alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García de que proximamente enviará zona un técnico para facer un estudo da incidencia do lugar. Os veciños temen que no futuro as súas casas se vexan prexudicadas debido ás obras de construción do polígono industrial que se porán en marcha Os afectados solicitan un sistema de caudal de augas apropiado para a zona que evite as correntes de terras e as inundacións

    Para os veciños da Alda de Arriba en Cea, a fonte e o lavadoiro forma parte das súas vidas e aínda que a maioría da xente non o comprenda seguen sendo útiles para os habitantes do lugar que o seguen usando para lava-la roupa, xa que moitos non teñen lavadora e mesmo como unha alternativa cando no verán os pozos se quedan sen auga

    Os afectado non descartan outro tipo de mobilizacións sen non lles ofrecen solucións. Obstante a última saraibada ocasionou serios danos en toda a comarca, os mías destacables recolléronse no campo e nos viñedos onde a desfeita foi cuantiosa .

     

    Redacción Salnés