Os viños da DO Rías Baixas atraerán ó turismo náutico

    CAMBADOS> O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas está na procura de aproveitar as sinerxias…

    {flowplayer}images/salnes/portos_do_rias_baixas.flv{/flowplayer}

    … turísticas creadas en Galicia para divulgar o coñecemento das Rutas do Viño Rías Baixas. Esta semana comezaron as quendas de reunión con entes determinantes no tráfico de pasaxeiros por mar; como son a Autoridade Portuaria de Vilagarcía ou o entes Portos de Galicia.

    A idea é achegar información ós visitantes que procedan de cruceiros, embarcacións de recreo ou outro tipo de transportes fluviais ou marítimos para que aproveiten a súa estadía para coñecer outros aspectos das Rías Baixas, principalmente os vencellados á enocultura. Á súa vez, estas accións serán beneficiosas para o turismo marítimo posto que constituirán un aliciente máis para que a xente de fora se motive aínda máis para visitar Galicia.

    Principalmente apóstase polo turismo de calidade; cidadáns das cidades norteeuropeas que gustan do bo viño e da boa comida e que teñen a capacidade adquisitiva dabondo como para xerar importantes ingresos neste concepto.

    Axentes do Consello Regulador continuarán cos seus primeiros contactos sobre esta cuestión con outros consignatarios, xerentes de portos deportivos e entidades vencelladas ó desfrute do mar.

    Redacción Salnés