Desaparece unha moza de Rianxo en extranas circunstancias

    RIANXO > Garda Civil e Policía Local investigan a extrana desaparición de Mª Luz Divina Gómez Alcalde, unha moza de 32 anos, natural da parroquia de Asados.

    A familia de María Luz Divina está moi afectada. Levan dous días apenas sen dormir. Dende o pasado sábado pola noite nada saben do seu paradoiro. Foi vista por última vez ás tres da madrugada en Boiro, na zona da movida, onde se despediu das súas amigas dicindo que se ía para casa, e a onde non chegou. 

    A familia ó ver que non voltaba á casa nin respondía ó móbil, comezou a preocuparse e iniciou a súa busca por distintas zonas, como é o caso de Boiro, Ribeira, Porto do Son ou Santiago. Ó ver que os resultados non eran satisfactorios decidiron poñerse en contacto coa Garda Civil para denuncia-la súa desaparición e mesmo estiveron repartindo e pegando carteis coa súa fotografía por distintas zonas da comarca.

    Á familia resúltalles verdadeiramente extrana a súa marcha, sobre todo porque non levou consigo ninguna pertenza. Ademais, aseguran que nunca antes protagonizara un episodio así, nin tiña motivos para facelo.

    Redacción Barbanza