Medio Rural inviste 3,2 millóns en accesos na D.O. Rias Baixas

    foto_viedo_100.jpgO SALNÉS > O titular da Consellería do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, ven de presentar o inicio da redacción do proxecto do…

    … Plan de Mellora das Infraestructuras da Denominación de Orixe Rias Baixas. Este plan vai a supoñer o investimento de 3.2 millóns de euros en obras de mellora de acceso a viñas e adegas dos 39 concellos da DO Rias Baixas. Así pois, esta mellora afectará a case 3.500 hectáreas amparadas baixo esta regulación.

    Tal e como sentenciou o conselleiro, esta actuación pretende mellorar os camiños rurais máis importantes da zona de xeito que permita o tránsito de maquinaria agrícola, o seu acceso ás viñas e o transporte de uva ata as adegas, facilitándolle así ás condicións de traballo ó sector.

    Con esta nova achega, xa son máis de 10 millóns de euros os que investirá esta consellería neste sector ó longo desta anualidade, entre obras rurais e en actuacións en concentracións parcelarias.

    Asemade, Suarez Canal referiuse tamén ó proceso de actualización do regulamento desta DO, que se atopa en proceso de elaboración e que servirá para gañar en eficacia e adaptar as diversas cuestións técnicas á realidade actual do mercado e da producción vitivinícola.

    Redacción Salnés