Miles de persoas homenaxean a San Ramón na tradicional romaría de Bealo

    sanramon_100_010908.jpgBOIRO > A chuvia caída durante a fin de semana non disuadiu ós miles de devotos de San Ramón de Bealo que se deron cita na tradicional romaría.

    {flowplayer}barbanza/sanramon.flv{/flowplayer}

    Aínda que o mal tempo foi unha constante durante o venres e o sábado, a climatoloxía dou unha tregua ós miles de romeiros que durante a xornada do domingo se deron cita na carballeira de San Ramón de Bealo, en Boiro.

    Devoción

    Como vén sendo tradición dende hai xa 250 anos, veciños e visitantes acudiron a render homenaxe ó santo e as embarazadas a pedirlle un bo parto. Dende as oito da mañá desenvolveronse oficios relixiosos ata a unha do mediodía cando se celebrou a misa cantada e posterior procesión.

    Pero non todo foi devoción xa que moitos dos asistentes acudiron á romaría polo seu carácter lúdico, a desfrutar da gastronomía na compaña de familiares e amigos. 

    Festa do maior

    Na romaría tamén houbo espazo para a terceira idade posto que a concellería de Servizos Sociais organizou a festa do maior no marco da celebración de San Ramón co fin de integrar a este colectivo na festa dándolle tódalas facilidades á hora de pasar un día no campo.

    Trala gran festa que se prolongou ata ben entrada a noite nunha verbena amenizada polas orquestras Samba e Triunfo ,os festexos proseguirán ó longo desta semana ata o mércores cando a actuación da orquestra Panorama pechará as celebracións ata o vindeiro ano.