Taekwondo e solidariedade irán da man en Ribeira

RIBEIRA> Os próximos días 11, 12 e 13 de outubro, no pavillón polideportivo da Fieiteira, vai ter lugar a décimo novena edición do Torneo Internacional de Taekwondo Cidade de Ribeira. O campionato está organizado polo club local, o Natural Sport, en colaboración con outras entidades, entre as que se atopa o propio Concello. Unha das particularidades este ano e que terá un carácter solidario, xa que todo o que se recade o primeiro día do Torneo irá parar á Asociación Española de Loita contra o Cancro.

Esta mañá foi presentado na casa consistorial ribeirense a décimo novena edición do Torneo Internacional de Taekwondo organizado polo Club Natural Sport e que terá lugar os días 11, 12 e 13 de outubro. O campionato terá ademais un carácter solidario xa que todo o recadado na primeira xornada irá destinado íntegramente á Asociación Española de Loita contra o Cancro.

Un xesto que tamén agradecen dende a Xunta Local de Ribeira.

Na cita tomarán parte preto duns cincocentos taekwondistas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia, así como tamén de ámbito nacional e mesmo internacional, coa presenza de clubs portugueses.

Dende o Concello, entidade colaboradora do torneo, fan un chamamento a acudir esa fin de semana a Fieiteira para presenciar un acontecemento deportivo do máis alto nivel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí