Dezanove detidos por roubos con forza nas provincias da Coruña e Lugo

NOIA> As investigacións levadas a cabo pola Garda Civil no marco das operacións Tanunoi e Telefunken iniciáronse en Noia. As investigacións iniciounas a policía xudicial de Noia a raíz de varios roubos con forza que se produciron na localidade. Un forte operativo policial no que participaron uns 160 axentes pertencentes a distintas unidades da Garda Civil permitiu a detención dun total de dezanove persoas. Acúsaselles de cometer alomenos 120 roubos con forza en diversos puntos da provincia da Coruña e Lugo. As investigacións iniciounas o equipo da policía xudicial de Noia o pasado mes de xaneiro, despois de ter coñecemento de numerosos roubos na zona. Logo o grupo delitivo estendeuse tamén  por toda a provincia da Coruña ata a área de Santiago e Melide e que posteriormente trasladou a súa actividade delitiva tamén á provincia de Lugo, nas comarcas da Terra Chá e Ulloa. Segundo informaron fontes policiais dos roubos con forza pasaron ós roubos con violencia, chegando mesmo a realizalos a plena luz do día, cos propietarios das vivendas e establecementos comerciais no interior. A Garda Civil puido recuperar tamén, despois dos diversos rexistros realizados numerosos dos obxectos roubados entre os que se atopaban pequenos electrodomésticos, móbiles e xoias. As investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións.