Tres empates e unha derrota. Discreto inicio ligueiro.

futbol250_010908.jpgSALNÉS > Ningún dos equipos do Salnés da Terceira Galega foi quen devencer. Tan só o Xuventude de Sanxenxo, de Preferente Autonómica, acadou os tres puntos.

Tres empates e unha derrota é o balance da primeira xornada ligueira para os equipos do Salnés na Terceira División.

O que máis preto tivo a victoria de todos eles foi o Vilalonga en Ríoseco ante o Narón. Os celestes fixeron unha gran primeira metade, controlando o balón e o ritmo de xogo. O bo facer do conxunto de Gabi Leis fixo que no 40′ atopasen a recompensa cun gol de David Sarro. Pero na segunda parte deron dous pasos atrás, o Narón adiantou liñas e acadou a igualada a sete para o final por medio de Pablo Rey. Empate positivo nun campo complicado.

O Céltiga tamén empatou e sen goles na casa ante o Montañeros. Foi de menos a máis o conxunto de Josiño Abalde que tras facer unha primeira metade na que mereceron marcar, na segunda viñéronse abaixo físicamente e a piques estiveron de saír derrotados. Pese a todo o público foise contento coa imaxe deixada polo equipo.

Empatou tamén o Portonovo na casa ante o Rápido de Bouzas. Nun partido non moi vistoso adiantáronse os visitantes ós 26 minutos grazas a un penalti materializado por Moi; 60 segundos despois, aínda cos xogadores visitantes celebrando o gol, Álex Ferández fixo a igualada cabeceando un envío de Jacinto. Na segunda metade ámbolos dous conxuntos conformáronse co empate. 

O que peor sorte correu  foi o Arousa que caeu merecidamente no Couto ante o Ourense por 2-0, sobre todo despois dunha segunda metade na que os de Laxes estiveron moi imprecisos. Os goles anotáronos Sanginés e José Arenas.

Destacar tamén os resultados de Preferente Autonómica na que o Xuventude de Sanxenxo debutou con victoria (2-1) ante o Pontellas, mentres que o Ribadumia caeu (1-0) ante o Cruceiro e Marín e Unión do Grove firmaron táboas a un tanto.

Redacción Salnés