A comisión de propietarios de Laxe Brava emprenderá accións legais contra o Plan Acuícola

    propietarioslaxebrava_020908.jpgRIBEIRA > A aprobación do Plan de Acuicultura de Galicia o pasado día 28 de agosto polo Consello da Xunta non deixou indiferente ás asociacións …

    {flowplayer}barbanza/propietarioslaxebrava.flv{/flowplayer}

    … que, dende se coñecera o proxecto, véñense opoñendo á implantación de piscifactorías na costa galega. A nivel xeral, ADEGA xa anunciou a súa intención de presentar un contencioso contra a totalidade do plan mentres que en Corrubedo, tanto a Plataforma Medio Ambiental como a Comisión de Propietarios de Teira iniciarán as accións legais oportunas para evitar a instalación dunha macroplanta en Laxe Brava.

    A Comisión de Propietarios de Teira afectados pola expropiación forzosa de máis de 300 mil metros cadrados para a implantación da piscifactoría proxectada en Corrubedo recorrerá ó concello para a presentación dun contencioso administrativo en contra desta actuación.

    Rede Natura

    Os propietarios dos terreos confían en que o recurso evitará a construción desta fábrica posto que son moitos os argumentos na súa contra. A planta está proxectada nunha zona de gran interese mediomabiental, paisaxístico e turístico que estaba incluida no avance da rede Natura, que finalmente a Consellería de Medio Ambiente retirou para, segundo a comisión de propietarios, non interferir no plano acuícola.

    Plan á medida

    Os propietarios critican frontalmente a actuación da Consellería de Pesca no deseño do Plan de Acuicultura no que din, está a exercer un papel de mera intermediaria, nun proxecto deseñado polas propias industrias que se queren implantar na costa galega.

    Redacción Barbanza