A Pobra pon a máis avanzada tecnoloxía ó servizo dos veciños

A POBRA> O concello da Pobra abrirá ó público o Fab-Lab da casa da Mocidade. Os xoves pola tarde e os sábados pola mañá, as instalacións contarán con persoal que axudará ós asistentes a utilizar os equipos tecnolóxicos de que dispón.

A partir deste xoves día 1 de decembro o Fab-Lab da Casa da mocidade da Pobra contará cun servizo de asistencia técnica. Aqueles mozos, e non tan mozos que o desexen, poderán achegarse ata este taller equipado con impresoras 3D e láser, fresadoras e demais equipamento tecnolóxico de vangarda. Terán oportunidade de aprender o seu funcionamento e mesmo utilizalas axudados por un asistente.

Permanecerá abeto os xoves de catro e media a oito e media e os sábados pola mañá de dez a dúas. Ademais dos proxectos privados promoveranse iniciativas comúns encamiñadas á formación.

O obxectivo do concello é dinamizar este espazo que botaba a andar hai xa varios anos pero veu interrompida a súa actividade por mor da pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí