A POBRA> A remodelación do acceso ó peirao comercial da Pobra e a ampliación da liña de atraque foi obxecto de debate no Parlamento Galego. A presidenta de Portos respondeu a unha pregunta parlamentaria na Comisión de Pesca e Marisqueo explicando que é preciso realizar un estudo en detalle para garantir a efectividade desta actuación sobre a produtividade dos bancos marisqueiros.
A presidenta de Portos de Galicia respondeu á pregunta formulada pola deputada nacionalista, Rosana Pérez, sobre o proxecto de ampliación dos atraques e a remodelación do acceso ó porto comercial da Pobra. Susana Lenguas explicou que está en execución o contrato para a redacción do proxecto que prevé dúas intervencións de forma conxunta. Por un lado, a substitución parcial do inicio do peirao por unha solución permeable que benficie a rexeneración dos bancos marisqueiros da zona e, por outra, a ampliación da zona de atraque cara ó interior do porto.
O investimento necesario para a execución das dúas actuacións oscilaría entre os 7 e 10 millóns de euros. De aí, a importancia de avaliar detalladamente a través dun novo estudo a axitación da dársena, a hidrodinámica e as correntes para garantir que repercute positivamente na mellora da produtividade.
A presidenta de Portos de Galicia lembrou que o desu departamento inestiu nos últimos anos 1’3 millóns de euros no porto pobrense en diversas actuacións como a renovación dos pantaláns, a reposición de firmes e pavimentos ou a instalación do control de acceso ó peirao comercial.