Unha compra con trampa

    pazogoians.jpgBOIRO> Os grupos da oposición critican ó equipo de goberno por priorizar actuacións no Pazo de Goiáns e esquecer outras obras importantes para o municipio.

    {flowplayer}barbanza/icboirogoians.flv{/flowplayer}

    O voceiro de Iniciativa Cidadá de Boiro, Manuel Velo, compareceu esta mañá en rolda de prensa para arremeter de novo contra o equipo de goberno pola compra do Pazo de Goiáns. Segundo o edil independente, a adquisición, lonxe de ser rentable, traerá graves prexuízos para as, xa de por si mermadas, arcas municipais.

    Expropiación

    Ademais afirmou esta mañá que dende sempre se amosou partidario da adquisición do pazo de Goiáns, proba diso forran as accións que el mesmo iniciou no ano 1983 durante a súa etapa fronte á alcaldía. O que si non comparte son as formas levadas a cabo polo executivo para facerse co mesmo, sendo máis partidario da súa expropiación. Deste xeito negou as acusacións efectuadas por parte do executivo nas que o acusaban de torpedear toda a operación.

    Manuel Velo referiuse tamén ós máis de 200 mil euros que o executivo destinará ó plan de mellora medioambiental deste espazo con cargo ó Plan de Cooperación cos concellos da Deputación da Coruña na que se prevé a limpeza e o desbroce da finca, a reparación do peche perimetral e o acondicionamento dos xardíns, unha actuación que implicará que estes cartos non se poidan investir noutras actuacións prioritarias para o municipio como poden ser a mellora das estradas en mal estado, ou mesmo o acondicionamento do parque da Cachada.

    Críticas do PP

    Nos mesmos termos pronunciouse o voceiro do PP, quen acusa ó executivo de centrar tódolos seus esforzos inversores no Pazo de Goiáns. Mentres se invisten cantidades millonarias na adquisición e rehabilitación do inmoble e do seu contorno, os populares denuncian o esquecemento na dotación de servizos básicos ou no pago de débedas a acreedores.

    {flowplayer}barbanza/ppboirogoians.flv{/flowplayer}

    Entre as obras hidráulicas os populares destacan os proxectos de abastecemento nas parroquias de Cabo de Cruz e Abanqueiro, obras prioritarias que serán asumidas polo PP no caso de acceder á alcaldía. Concretamente refírense á primeira fase do proxecto para Cabo de Cruz que a pesar de ser aprobada polo pleno da Deputación permanece estancada pola incapacidade económica do concello.

    Novo engano

    Por último, os populares acusan ó alcalde de mentir cando afirmou que levaría a aprobación dos orzamentos de 2010 ó pleno ordinario de novembro.

    Redacción Barbanza