Comezan as obras de pavimentación de varias rúas en Aguiño

    RIBEIRA> O executivo ribeirense iniciou esta mesma semana as obras de pavimentación de tres rúas na parroquia de Aguiño: Lagarto, Manuel Murguía e Mestre Sans Ortega. Os traballos están a ser executados pola empresa Nemesio Ordóñez, S.A. e contan cun investimento duns 43 mil euros. As rúas en cuestión están situadas no centro da parroquia e son moi transitadas. O seu firme, feito en aglomerado asfáltico, atopábase bastante deterioradas polo uso e o paso do tempo. As obras forman parte do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2013).

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí