Os empregados de Cedonosa volven a manifestarse ante os despidos

    cedonosa_100.jpgCATOIRA > Os traballadores de Cedonosa volveron a manifestarse esta tarde diante das instalacións que a fábrica de Gres ten en Catoira.

    Unha situación está que se vai a repetir o que queda de semana en torno ás seis da tarde para pedir que non se siga adiante cos despidos masivos de persoal. Arestora o expediente de regulamentación de emprego está sendo instruído polo xulgado do mercantil número un de Pontevedra, que podería emitir o seu dictame contra finais deste mes.

    Pola contra, os empregados de Cedonosa avogan pola continuidade desta factoría en Catoira posto que aseguran que é rendible e que ten moita carga de traballo á que satisfacer. Desde o comité de empresa critican asemade que os despidos xa feitos públicos contemplen unha relación de 25 persoas, parte delas pertencentes ó taller de mantemento.

    Un servicio que eles defenden indispensable para o correcto funcionamento da fábrica posto que así é máis eficaz e barato resolver as posibles avarías para seguir producindo.

    Mañá os sindicatos que representan a estes traballadores reuniranse entre eles para logo pasar a dar conta ós traballadores das medidas a adoptar nun futura próximo, que poden pasar por novas mobilizacións e mesmo folgas para presionar a empresa a que ceda ás súas peticións.

    Redacción Salnés