O PP de Sanxenxo presenta unha proposta para o terreo da rúa das Cunchas

    SANXENXO> O voceiro do Partido Popular en Sanxenxo, Telmo Martín, convocou, este luns, aos medios para presentar unha proposta para a xestión da zona verde da Rúa das Cunchas, que tanto está dando que falar estes días. 

     

    Telmo Martín presentou esta mañá en rolda de prensa, o que sería o proxecto do Partido Popular para a xestión da zona verde da Rúa das Cunchas. Unha proposta na que se inclúe a construción dun parque infantil e un aparcamento de dúas plantas.

    Ademais o PP de Sanxenxo opina que debe ser o concello o que afronte a expropiación do terreo. 

    Segundo Telmo Martín, e as contas do seu partido, está actuación e a expropiación terían un custe de 5,5 millóns de euros que se irían amortizando coa venda de 125 prazas de aparcamento aos veciños de Sanxenxo por 16.000 euros cada unha, e o aluguer por horas das outras 75 prazas. 

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/04/pp_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/04/pp_sanxenxo.mp4{/flowplayer}