A CIG dá unha semana aos donos de Coinba para garantir o seu futuro en Vilaxoán

VILAGARCÍA> O tempo pasa e os traballadores de Coinba, en Vilaxoán, seguen á espera dun plan que garanta o futuro da fábrica. A empresa está na actualidade en concurso de acredores, e hai varios inversores interesados en facerse con ela. Dende a CIG reclaman que só se teñan en conta aquelas ofertas que aposten pola continuidade da actividade, e dan unha semana para avanzar as negociacións. Se non, comezarán a mobilizarse.

O administrador concursal e os actuais propietarios de Coinba, en Vilaxoán, teñen unha semana para avanzar nas negociacións e garantir o futuro da factoría. É o ultimatum que lles dan dende a CIG antes de comezar as mobilizacións.

A empresa está en concurso de acredores. Actualmente é propiedade de dúas familias. Unha, a que posúe o 75% das accións, aposta pola continuidade da actividade na factoría de Vilaxoán.

As trabas poden vir da outra familia, a socia minoritaria. Nas súas mans está o 25% da empresa e segundo denuncia a CIG a día de hoxe non teñen ningún compromiso coa continuidade de Coinba.

En total, son 18 os traballadores afectados por esta situación. A metade son fixos discontinuos, os máis afectados por esta situación de incertidume. De aí que dende a CIG presionen para atopar unha solución definitiva para que Coinba poida manterse en Vilaxoán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí