Máis de vinte barcos protestan diante de Silgar contra o novo regulamento da Unión Europea

SANXEXO> A federación galega de confrarías e pescadores convocou unha mobilización de todo o sector como protesta fronte ao regulamento de Control da Unión Europea. En Sanxenxo, a manifestación tivo lugar en fronte á praia de Silgar. Máis dunha vintena de barcos protestaron contra as novas medidas que afectarán aos buques artesanais de entre 4 e 15 metros de eslora.

Ao igual que noutros confrarías de toda Galicia, os mariñeiros de Sanxenxo tamén acudiron á mobilización convocada pola federación galega de confrarías e pescadores. Máis dunha vintena de barcos mostraron o seu rexeitamento ao novo regulamento de control da Unión Europea diante da praia de Silgar. Estas novas medidas obrigan á xeolocalización e endurecen os controis de descarga de peixe dos buques artesanais de entre 4 e 15 metros de eslora.

A principal dificultade que atopa é a de medir con exactitude nos buques os quilos exactos de peixe capturado. A diferencia entre o peso real e o vendido pódelles supoñer unha sanción.

Ademais da eliminación destas novas medidas, os mariñeiros tamén piden o cese da deputada europea Clara Aguilera por apoiar este regulamento sen ter en conta as peticións do sector.

A federación galega de confrarías e pescadores continuará traballando para evitar que estas medidas sigan adiante. A organización xa enviou un escrito á federación nacional para que resto de pósitos do país se sumen as súas mobilizacións. Tamén reclama o apoio dos concellos galegos para que aproben mocións en apoio ás súas reivindicacións.