Unha nova colección remonta ós visitantes do museo Valle-Inclán ás orixes do cinema

    coleccioncine_100_040908.jpgPOBRA > O museo Valle-Inclán dispón dunha nova exposición de artiluxios precinematográficos cedidos por varios veciños da comarca.

    {flowplayer}barbanza/coleccioncine.flv{/flowplayer}

    Trátase dunha colección única, integrada por pezas orixinais moi difíciles de conseguir e valorada arredor dos sete mil euros. Nela atópanse aparellos únicos, algúns deles con douscentos anos de historia. Son artiluxios previos á aparición do cinema como praxinoscopios, linternas máxicas ou visores ópticos que a xente da época utilizaba para reproducir as primeiras imaxes con sensación de movemento. 

    A razón de que foran depositdas no museo adicado ó artista arousán atopámola na estreita relación de Valle co mundo do cine, do que atopamos innumerables influencias na súa obra.

    As pezas foron cedidas por un veciño de Porto do Son, Juan Cbeza Quiles, e Teresa Santos Paz, natural da Pobra. O propio director do museo, Antonio González Millán, aportou tamén fondos da súa propia colección.

    Iluminación inferior

    A partir de agora todos aqueles que queiran coñecer un pouco máis a fondo as orixes das técnicas cinematográficas poderán achegarse ata a sala Valle-Inclán y su tiempo onde está previsto instalación iluminación dende abaixo para apreciar o funcionamento dos equipos. A intención do concello é dar a coñecer esta mostra entre os escolares como experiencia práctica complementaria ós seus estudos.

    Tanto dende o concello como dende a dirección do museo quixeron agradecer ós veciños que depositaron os seus fondos no centro para conformar esta mostra de incalculable valor que hoxe en día é moi difícil de reunir. En Galicia tan só existen unha cantas pezas soltas polo que ata o de agora era preciso desprazarse ata Madrid ou Cataluña para admirar unha colección tan completa sobre a cultura precinematográfica.

    Redacción Barbanza