Sanxenxo celebra a XXVI Feira da Cebola

    feira_cebola_100.jpgSANXENXO > Esta mañá Sanxenxo acolleu a vixésimo sexta edición da Feira da Cebola, que coincide ca festividade de Santa Rosalía.

    O tempo non puido ser mellor para esta mañá na que os agricultores da comarca expuxeron con orgullo este producto da terra. Varios destes ceboleiros e ceboleiras quixeron tamén formar parte dos concursos argallados con este motivo: o da cebola máis grande, o da ristra máis longa e o da mellor composición artística. Na primeira destas categorías o premio á cebola máis grande foi para Manuela Gómez Agís que foi quen de cultivar unha peza de máis de kilo e medio. O segundo premio para a restra máis longa foi para Celsa Fernández Leiro, e o primeiro para Yudite Dos Reis, que teceu 165 metros de cebolas. No apartado máis vistoso, o das composicións artísticas, o segundo premio foi para Dolores Ferreiro Padín, pola obra Lorenzo, e o primeiro para Encarnación Cacabelos Domínguez, pola obra A Matanza. Como manda a tradición en Sanxenxo, este día tamén se aproveitou para homenaxear a dúas persoas ilustres para esta vila; ás que se galardou con cadansúa cebola de ouro. Unha destas mencións foi para o xerente da Librería Nós en Sanxenxo, Jaime Corral. O outro premio honorífico foi para o xornalista Fernando Ónega, quen veranea desde fai anos nesta localidade. O sentido do humor deste traballador dos medios de comunicación fíxose latente cando recoñeceu que a cebola de ouro lle agradara moito, pero a de verdade, nin a proba. A festa continúa esta noite ca verbena á cargo das orquestras Panorama e Jesuralén e co gran espectáculo pirotécnico.

    Redacción Salnés