Costas derrubará as antigas naves industriais da Ribeiriña

    proxectoribeirinabng_100241008.jpgPOBRA > Así llo confirmaron fontes do departamento de Costas do Estado ó deputado nacionalista no Congreso, Francisco Jorquera.

    O grupo municipal do BNG da Pobra valorou moi positivamente o inicio destes traballos.

    Cumprimento de compromisos

    Aseguraron que esta boa nova para os veciñas da Pobra supón o cumprimento dos compromisos adquiridos polo goberno central durante a negociación dos orzamentos para o ano 2008, cando destinara unha partida dun millón de euros para a recuperación do litoral da Ribeiriña.

    {flowplayer}barbanza/proxectoribeirinabng.flv{/flowplayer}

    Dende o departamento de Costas informaron de que o proxecto, que permitirá a construción dun paseo marítimo ó longo do próximo anos, está a piques de ser aprobado técnicamente.

    Demanda veciñal

    Ademais, na actuación incluirase o derrube das fábricas abandonadas, tal e como demandaban os veciños da zona. os nacionalistas informaron ademais de que na negociación dos orzamentos para 2009, ademais dos 125 millóns de euros acadados polo BNG para inversións en Galicia, se acordou a creación dunha comisión de seguemento das infraestruturas.

    Esta nova ferramenta permitirá velar polo cumprimento dos compromisos adquiridos facendo que se materialicen as obras previstas para Galicia.

    Redacción Barbanza