Boiro contará novamente con tres areais con ‘Q’ de calidade

BOIRO> O rexedor, Xoán Xosé Dieste, recollía os correspondentes diplomas acreditativos, que ondearán nas praias de Carragueiros, Mañóns e a Retorta, nun acto celebrado en Salvaterra do Miño, e que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Un ano máis o distintivo ´Q’ de Calidade Turística que outorga o Instituto para a Calidade Turística Española volverá a ondear en tres dos areais de Boiro: Carragueiros, Mañóns e a Retorta. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, destacou a importancia desta acreditación que mide a calidade das praias e os seus servizos, debendo cumprir unha auditoría anual exhaustiva na que entre outros aspectos se inspeccionan a seguridade, a limpieza e o coidado do medio ambiente. Dieste quixo tamén contestar tamén ós distintos grupos da oposición que nas últimas semanas se queixaban da existencia de vertidos de fecais ó mar. Segundo el trátase de feitos puntuais que o Concello está tratando de correxir, investindo numerosos fondos en arranxar unha rede xeral anticuada e con numerosos problemas. Para el estas denuncias flaco favor lle fan tamén á imaxe do Concello e ó sector que vive do mar.