Caride exalta os logros do PSOE na comarca do Salnés

    carides100_090908.jpgVILAGARCÍA > Na súa visita pola comarca do Salnés, a conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride fixo onte en Vilagarcía un balance

    …de tódolos logros acadados polo seu departamento nos tres anos que o bipartito leva gobernando na Xunta de Galicia. A autovía do Salnés, o proxecto da mesma na estrada de Vilagarcía a Pontevedra, ós accesos o porto do Xufre na Illa de Arousa ou os investimentos no porto do Grove son algunhas das actuacións que Caride resaltou no seu discurso crítico coa escasa implicación do anterior goberno do PP con Galicia.

    Cun discurso duro pero firme, con matices comparativos co anterior goberno do Partido Popular na Xunta, así se amosou  conselleira de Política Territorial María Xosé Caride mostrouse onte en Vilagarcía, no seu periplo polo Salnés con gañas de contarlles os cidadáns os compromisos acadados  polo seu departamento e polo presidente Emilio Pérez Touriño con Galicia . No tocante á comarca do Salnés, Caride resaltou os logros acadados coa inauguración da autovía do Salnés, a aprobación do proxecto da autovía de Vilagarcía a Pontevedra, a mellora nos accesos do porto do Xufre ou a ampliación da antiga vía rápida ó Grove. A conselleira foi crítica coa labor desempeñada polos populares cando gobernaba na Xunta. Moitas das actuacións, segundo Caride o PP nin as contemplara en dazaseis anos de goberno

    Redacción Salnés