A Deputación constitúe a Mesa do Turismo de Pontevedra

[

Pontevedra > A Deputación de Pontevedra constituíu u esta mañá a Mesa do Turismo con representantes do sector público e privado. Unha mesa que estará integrada por 20 representantes do turismo da provincia e que terá como fin potenciar o turismo nas Rías Baixas e converter este sector como líder da economía en Pontevedra.

Trala presentación do Plan Estratéxico de Turismo toca poñerse a traballar nesta materia, hoxe no Pazo Provincial tivo lugar a constitución na Mesa do Turismo. Unha cita onde o primeiro punto está o consenso do seu regulamento.

O obxectivo desta mesa é aprobar canto antes este regulamento e comezar a potenciar o turismo das Rías Baixas.

Unha mesa que estará conformada por 20 representantes, entre os que estará a presidenta da Deputación, 3 representantes da Deputación, un representante de turismo de Galicia, un de turismo a nivel nacional, 7 representantes do sector público da provincia de Pontevedra, un representante do concello de Pontevedra e outro do concello de Vigo,  dous representantes dos municipios declarados de interese turístico,  un dos destinos adheridos aos SICTED, dous por parte das entidades supramunicipais, unha persoa dos Grupos de Acción Local participativo do sector pesqueiro, outra en nome das mancomunidades, tres representantes do ámbito académico e universitario vencellado ao turismo, un representante do aeroporto de Peinador e 3 representantes do sector turístico privado da provincia.