VILANOVA> Vilanova recibiu a visita este luns de 200 mozos e mozas que forman parte da ruta Queztal. Os participantes, que proveñen de tódalas comunidades autónomas, estiveron esta mañá coñecendo a vila e os oficios do mar como o marisqueo e as fábricas de conservas. Na súa viaxe percorrerán a comunidade galega dende o norte de Portugal ata Fisterra.
A Xunta de Galicia colabora coa ruta Queztal para poñer en valor o camiño de Santiago. Froito de esta colaboración, arredor de 200 mozos e mozos visitaron este luns Vilanova. A mocidade estivo coñecendo a vila e os seus oficios como o marisqueo e as fábricas conserveiras.
Nas xornadas coas mariscadoras, os mozos e mozas aprenderon as diferentes especies que se atopan na ría e a importancia de non coller ameixas das praias.
Os mozos e mozas recoñecen estar encantados coa súa visita a Vilanova.
Para o sector do mar tamén é unha oportunidade para poñer en valor o seu traballo e promocionar os seus produtos.
Os mozos e mozas descasarán esta noite en Vilanova e o martes continuará coa súa expedición. Unha expedición que lles levará primeiro cara o norte de Portugal e logo volverán a Galicia para visitar zonas como Santiago e Fisterre.









