Gago contradí ó executivo local: ‘o proxecto Luz Salgada é modificable’

    gago_fexdega.jpgVILAGARCÍA>ex alcalde socialista comparece para aclarar declaracións sobre o proxecto do aparcamento soterrado de Fexdega que ‘non se axustan á realidade’.

    {flowplayer}images/salnes/REACCIONS_FEXDEGA_FINDE.flv{/flowplayer}

    Foi quizáis a comparecencia máis sorprendente e tamén a máis agardada. Despois de estar en boca de todos por seu o seu goberno o artífice do proxecto Luz Salgada, o ex alcalde de Vilagarcía Javier Gago saíu á palestra para aclarar varios puntos con respecto ó proxecto do parking de Fexdega. Primeiro: o proxecto de construir o aparcamento soterrado foi unha decisión tomada no 2006 polos grupos que entón integraban a corporación municipal, e non unha decisión de goberno. Aínda que moitos dos puntos acordados entón, puntualiza Gago, xa se incumpriron.

    O ex alcalde vilagarcián tamén desmentiu que na proposta inicial se adxudicaran cinco millóns de euros para a actuación e engadíu que o programa Luz Salgada si é modificable, ó contrario do que dixeron hai uns días o concelleiro de Xestión do Territorio, Marcelino Abuín, a actual alcaldesa Dolores García e a voceira do PSOE local Victoria Hierro.

    Solvéntase así a dúbida que planteaban minutos antes os populares de Vilagracía. Logo de acusar ó executivo de non crer no proxecto Luz Salgada e criticar a súa capacidade de Xestión, o voceiro popular Tomás Fole pediu a dimisión da alcaldesa e o edil de Xestión do territorio.

    Redacción Salnés