O Consorcio presentará unha alegación contra o Centro Comercial

    consorcio_cc_copia100.jpgCAMBADOS> Continúa a polémica sobre a construción do Centro Comercial de San Miguel de Deiro. O Consorcio do Comercio do Salnés asegura vai a presentar unha alegación contra a Área Comercial e pide explicacións á Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/CONSORCIO_CENTRO_COMERCIAL.flv{/flowplayer}

    Os membros do Consorcio do Comercio do Salnés manifestaron o seu parecer a tódalas declaracións do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán. Nesta ocasión, quixeron aclarar que ó Consorcio non lles moleste a creación dun centro comercial en Vilanova. Eles non queren que se faga en ningún terreo da comarca xa que, aseguran, perxudica ó pequeno comercio, non só da comarca senón tamén dos arredores. Consideran que unha construción coma esta non vai a xerar riqueza nun pobo coma Vilanova, senón o contrario.

    E o Presidente do Consorcio asegura que o alcalde anunciou que se ían iniciar as obras do centro comercial cando nin a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro, nin a Consellería de Industria tiña coñecemento deste proxecto.

    O presidente da Asociación de comerciantes de A Illa, pide explicacións á Xunta de Galicia para coñecer porque elaboraron informes positivos para a construción deste centro comercial cando o goberno anterior os realizou de maneira negativa.

    Ante esta situación, o Consorcio xa contratou un equipo xurídico para presentar alegación. Ademais, fai un chamamento público ós concellos da comarca para que leven o tema ós plenos e se posicionen neste asunto. Afirman que non se trata de partidos políticos senón de apoiar ó pequeno comercio que son os que crean cidade.

    Redacción Salnés