Catro mozos feridos nun espectacular accidente en Cabo de Cruz

    accidentecabodacruz_100_120908.jpgBOIRO >  O vehículo no que viaxaban saiuse da estrada nunha curva, bateu contra un farol e un muro e quedou encaixado nun poste da luz

     

     

    O accidente produciuse ó redor da unha e media da madrugada na estrada que vai de Boiro a Cabo de Cruz, no lugar de Rebordelo.

    Colisión brutal 

    O vehículo no que viaxaban os catro mozos,  un Peugeot 206, saíuse nunha curva ao tentar evitar o choque con outro coche que se achegaba en sentido contrario. O exceso de velocidade provocou que o vehículo batese, nun primeiro momento, contra un farol, posteriormente saiu despedido hacia un muro e quedou finalmente encaixado lateralmente nun poste de luz.

    {flowplayer}barbanza/accidentecabodacruz.flv{/flowplayer}

    Pronóstico reservado

    O forte ruido do impacto do automóbil alertou a unha veciña que deu aviso ao 112 Galicia. Foi precisa a intervención dos bombeiros de Boiro e Ribeira que tiveron que excarcerar a un dos feridos que tiña os pes atrapados. Os catro mozos implicados no accidente, con idades comprendidas entre 17 e 23 anos, foron inmediatamente trasladados polo 061 ata o hospital da Barbanza. Dous dos rapaces, que responden ás iniciais de O.H.P e R.M.C, permanecen aínda ingresados en Urxencias con pronóstico reservado.

    Incendio nun alpendre

    Na tarde de onte tamén foi necesaria a intervención dos bombeiros de Boiro e Ribeira, aínda que neste caso o motivo foi ben distinto. Ao redor das seis, os veciños de Abanqueiro alertaron ao 112 Galicia ao percatarse da existencia dun incendio nunha vivenda próxima á Casa Rural Prado. O lume orixinouse nun alpendre de madeira que estaba pegado á vivenda, q no que se atopaban carozos de millo, ademais de material de labranza. Os bombeiros extinguiron o lume e afortunadamente non houbo que lamentar feridos.

     

    Redacción Barbanza